Saltar al contenido principal

mércores, 5 de febreiro de 2025

Cambiar el idioma

Ministerio de Facenda

Sede Electrónica Central

Acceso directo al buscador
Acceso al contenido de la página

Normativa reguladora da sede

Creación de sedes electrónicas

Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, establece que a sede electrónica ou sede electrónica asociada disporá, entre os contidos mínimos indicados no artigo 11.1, a identificación do acto ou disposición da súa creación, directamente ou mediante ligazón á súa publicación no Boletín Oficial correspondente, tal como establece o apartado b)  do artigo 11.1 citado.

O artigo 10.1 e 10.2 do citado Real decreto establece que a sede electrónica asociada terá a consideración de sede electrónica para todos os efectos, sendo o acto ou resolución de creación ou supresión dunha sede electrónica ou sede electrónica asociada publicado no boletín oficial que corresponda en función de cal sexa a Administración Pública titular da sede ou sede asociada.

A disposición adicional sexta do citado Real decreto 203/2021, establece que as sedes electrónicas existentes na data de entrada en vigor do mesmo, pasan a ter natureza de sedes electrónicas asociadas á sede electrónica da Administración Xeral do Estado, que é a sede do Punto de Acceso Xeral electrónico (PAGe). As subsedes electrónicas pasarán tamén a ter natureza de sedes electrónicas asociadas. Así mesmo, as sedes electrónicas dos organismos públicos ou entidades de dereito público vinculados ou dependentes existentes á data de entrada en vigor deste real decreto, manterán a súa natureza de sede electrónica e as subsedes destes pasarán a ter natureza de sedes electrónicas asociadas.

Política de seguridade da información do Ministerio (PSI)

A  Administración Electrónica debe ser confiable para que a cidadanía realice os trámites administrativos correspondentes a través desta con total seguridade e fiabilidade. Para iso, o Real decreto 311/2022, do 3 de mayo, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica, determinado polo artigo 156 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, persegue fundamentar a confianza na que os sistemas de información prestarán os seus servizos e custodiarán a información de acordo coas súas especificacións funcionais, sen interrupcións ou modificacións fóra de control, e sen que a información poida chegar a coñecemento de persoas non autorizadas.

A política de seguridade da información constiúe o marco de referencia orientado a facilitar a definición, xestión, administración e implementación dos mecanismos e procedementos de seguridade establecidos no Real decreto 311/2022, do 3 de mayo.

Por medio da Orde HFP/873/2021, do 29 de xullo, aprobouse a política de seguridade da información no ámbito da administración dixital do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Información sobre o Rexistro da Sede

O Ministerio de Facenda utiliza o Rexistro Electrónico Xeneral da Administración Xeral do Estado (REG-AGE), que permite a recepción e remisión de solicitudes, escritos e comunicacións relativos ao seu ámbito, de conformidade co previsto en Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Conforme ao art. 37 os organismos públicos e entidades de dereito público vinculados ou dependentes de cada Administración poderán dispor do seu propio rexistro electrónico plenamente interoperable e interconectado co Rexistro Electrónico Xeneral da Administración á que estean vinculados ou da que dependan.

No Ministerio de Facenda existen outros Rexistros Electrónicos titularidade dos seus Organismos Públicos, como é a AEAT ou a FNMT.

Consulta de asentos rexistrais:

Desde o servizo electrónico de rexistro accesible desde a sede electrónica do Punto de Acceso Xeral, o interesado poderá consultar os seus asentos rexistrais realizados no REG-AGE mediante o acceso a Cartafol cidadán, que conterá, polo menos: 

  • O estado das presentacións.

  • O recibo dos asentos rexistrais 

  • Os documentos adxuntos correspondentes ao asento rexistral.