Saltar al contenido principal

luns, 16 de novembro de 2026

Cambiar el idioma

Ministerio de Facenda

Sede Electrónica Central

Acceso directo al buscador
Acceso al contenido de la página

Declaración de Accesibilidade

O Ministerio de Facenda comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade con el Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro , sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público (en adiante, Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro).

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://sede.hacienda.gob.es .

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co el Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro:
    1. Algunhas imaxes non están etiquetadas ou teñen unha alternativa textual xenérica [requisito número 9.1.1.1 da norma UNE-EN 301549:2022 Contido non textual].
    2. Nalgunhas páxinas, a organización visual do contido (encabezamentos, listas, táboas ou relacións entre elementos) non está codificada correctamente nin conta cunha alternativa en texto, polo que as tecnoloxías de apoio (como os lectores de pantalla) poden non interpretala ben. [requisito número 9.1.3.1 de UNE-EN 301549:2022 De información e relacións].
    3. Nalgunha páxina, a relación de contraste en texto podería non ser de polo menos 4.5:1 [requisito número 9.1.4.3 da norma UNE-EN 301549:2022 Contraste mínimo].
    4. Nalgunha páxina puidéronse utilizar imaxes de texto en lugar de texto para transmitir información [requisito número 9.1.4.5 da norma UNE-EN 301549:2022 Imaxes de texto].
    5. Nalgunhas páxinas, algúns elementos non teñen o foco do teclado, isto quere dicir que o usuario non sabe por onde está a navegar [requisito número 9.2.1.1 da norma UNE-EN 301549:2022-03 Teclado].
    6. Algunha páxina podería non ter identificado o título da páxina [requisito número 9.2.4.2 da norma UNE-EN 301549:2022 Titulación de páxinas].
    7. Nalgún documento, ao navegar co teclado, hai elementos non visibles que reciben o foco [requisito número 9.2.4.3 da norma UNE-EN 301549:2022 Orde do foco].
    8. De xeito puntual, algunha ligazón podería non ter definido o propósito específico de xeito textual [requisito número 9.2.4.4 da norma UNE-EN 301549:2022 Propósito das ligazóns].
    9. Pode haber algún encabezamento ou algún nome de control que non sexa suficientemente descritivo do seu propósito. [requisito número 9.2.4.6 da norma UNE-EN 301549:2022-03 Encabezamentos e etiquetas].
    10. A situación do foco non sempre é visible cando se navega con teclado (non se sabe a posición nalgúns elementos cando se navega por teclado) [requisito número 9.2.4.7 da norma UNE-EN 301549:2022 Foco visible].
    11. Algunhas etiquetas de botóns ou outros compoñentes están nun idioma distinto ao utilizado na páxina [requisito número 9.3.1.2 da norma UNE-EN 301549:2022 Idioma das partes].
    12. De xeito puntual podería existir algún erro de entrada nalgún campo/formulario do que non se notificase ao usuario a suxestión para solucionalo [requisito número 9.3.3.3 da norma UNE-EN 301549:2022 Suxestión ante erros].
    13. Nalgunha páxina, os compoñentes de interface de usuario, como elementos de formulario, ligazóns e compoñentes xerados por script non seguen a estrutura recomendada polas pautas de accesibilidade [requisito número 9.4.1.2 da norma UNE-EN 301549:2022 Nome, función, valor].
    14. Existen páxinas nas que os produtos de apoio non van poder obter información das mensaxes de estado, polo que os lectores de pantalla non as poderán ler cando estas aparezan [requisito número 9.4.1.3 da norma UNE-EN 301549:2022 Mensaxes de estado].
    15. Débense satisfacer no nivel AA os cinco requisitos de conformidade das Pautas WCAG 2.1 (cumprir cos criterios do capítulo R9 web) [Requisito número 9.6 Requisitos de conformidade das Pautas WCAG]
    16. Parte do material de apoio do sitio web (manuais, guías de uso, páxinas de axuda ou documentos descargables) pode non estar nun formato plenamente accesible, o que pode dificultar a súa lectura con produtos de apoio, como os lectores de pantalla [requisito número 12.1.2 da norma UNE-EN 301549:2022 Documentación accesible].
    17. A documentación que se facilita a través dos servizos de atención e asistencia ao usuario (por exemplo, respostas ou documentos enviados dende o servizo de axuda) pode non estar nun formato plenamente accesible, o que pode dificultar a súa lectura con produtos de apoio, como os lectores de pantalla [requisito número 12.2.4 da norma UNE-EN 301549:2022 Documentación accesible].
  2. Carga desproporcionada: Non aplica.
  3. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: 
    1. Poden existir arquivos de ofimática en PDF e outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se procurou que a maioría deles si os cumpran.
    2. Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvolvidos polo responsable deste sitio web ou que non estean baixo o seu control, como, por exemplo, arquivos ofimáticos.
    3. Poden existir arquivos pregravados publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 17/07/2026.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación realizada pola empresa Everycode S.L. o 29/06/2026.

Última revisión da declaración: 17/07/2026.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web

A través das seguintes vías:

Tamén pode solicitar en formato accesible información que non cumpra cos requisitos de accesibilidade ben por estar excluída, ben por estar exenta por carga desproporcionada; ou formular unha queixa por incumprimento dos requisitos de accesibilidade. Ligazón ao procedemento de solicitude de información accesible e queixas  do artigo 12 do Real Decreto 1112018, de 7 de setembro.

As comunicacións, solicitudes de información accesible e queixas debe dirixilas á Subdirección Xeral de Coorinación da Información, Datos, Servizos Web e Transparencia (Secretaría Xeral Técnica), como unidade responsable dos contidos deste sitio web. 

Procedemento de aplicación

A través deste procedemento poderá iniciar unha reclamación para coñecer e oporse aos motivos da desestimación dunha solicitude de información accesible ou queixa, instar a adopción das medidas oportunas no caso de non estar de acordo coa decisión adoptada, ou expor as razóns polas que se considera que a resposta non cumpre cos requisitos esixidos.

Ligazón ao procedemento de reclamación , que debe dirixir á Subdirección Xeral de Coordinación da Información, Datos, Servizos Web e Transparencia, como unidade responsable de accesibilidade deste Ministerio, ou se a reclamación é por unha actuación da devandita Unidade, ao superior xerárquico desta.

Contido opcional

Lévanse a cabo revisións parciais diarias do contido web novo ou modificado, tanto dos persoais como das páxinas e documentos finais publicados, para garantir o cumprimento dos requirimentos de accesibilidade da Norma UNE-EN 301549:2022, considerando as excepcións do Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro.

Adicionalmente, este sitio web é revisado polo Observatorio de Accesibilidade Web (OAW), téndose realizado a última revisión en  novembro de 2024.

Entre outras adóptanse as seguintes medidas para facilitar a accesibilidade:

  • Utilización de texto alternativo nas imaxes
  • Os enlaces ofrecen detalles da función ou destino do hipervínculo
  • Uso dos estándares do W3C: CSS 3.0, WAI AA 2.0

Pode consultar na páxina de Avisos Legais  para que navegadores e versións está optimizado este sitio web.