Saltar al contenido principal

luns, 28 de abril de 2025

Cambiar el idioma

Ministerio de Facenda

Sede Electrónica Central

Acceso directo al buscador
Acceso al contenido de la página

Canles de acceso

O artigo 12.1 da  Lei 39/2015, do 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece que as Administracións Públicas deberán garantir que os interesados poden relacionarse coa Administración a través de medios electrónicos, para o que porán á súa disposición as canles de acceso que sexan necesarias, así coma os sistemas e aplicacións que se determinen en cada caso.

Pola súa banda o artigo 4 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo , polo que se aproba o regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, establece as canles a través das cales as Administracións Públicas prestarán a asistencia necesaria para facilitar o acceso das persoas interesadas aos servizos electrónicos, que serán algún ou algúns entre: Presencial, portais de internet e sedes electrónicas, redes sociais, telefónico, correo electrónico ou calquera outra canle que poida establecerse de acordo co previsto no artigo 12 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

As canles de acceso aos servizos dispoñibles nesta Sede Central, segundo recolle a Orde HAC/1223/2024, do 25 de outubro , pola que se actualizan as sedes electrónicas do Ministerio de Facenda son: 

  • Para o acceso electrónico, a través de Internet, na forma prevista no punto 1c) do apartado terecero desta orde
  • Para a atención telefónica, a través dos servizos de información xerais (060), e a través dos teléfonos publicados na propia sede ou no portal web: https://www.hacienda.gob.es/ 
  • Para a atención presencial, as oficinas do Ministerio, tanto de carácter central como territorial, conforme ás competencias definidas nas normas reguladoras da organización ministerial, sen prexuízo do acceso a través dos rexistros regulados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.