Saltar al contenido principal

mércores, 5 de febreiro de 2025

Cambiar el idioma

Ministerio de Facenda

Sede Electrónica Central

Acceso directo al buscador
Acceso al contenido de la página

Política de Privacidade

Protección de datos de carácter persoal

Os datos persoais solicitados nos procedementos e servizos electrónicos desta Sede Electrónica Central son tratados  de maneira confidencial conforme ao disposto en o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos);  e a a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición do tratamento dos datos, cando procedan, dirixíndose ao responsable do tratamento, ou a través da rede de oficinas de asistencia en materia de rexistros (https://administracion.gob.es).

Consulte máis información sobre a materia e os datos de Contacto do Delegado de Protección de Datos do departamento na canle de protección de datos do portal deste Ministerio.

Política de cookies

O sitio web https://sede.hacienda.gob.es/ utiliza cookies (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao computador de quen accede á páxina). 

  • Cookies propias:

Utilízanse cookies para o correcto funcionamento deste sitio web, que non solicitan nin usan datos de carácter persoal. 

Titularidad Cookies Técnicas Finalidad
TitularidadPropias  Cookies TécnicasConsent FinalidadEstablecer o consentimento de cookie estatística​
  • Cookies estatísticas:

A sede electrónica do ministerio utiliza o servizo de Google Analytics coa única e exclusiva finalidade de elaborar informes de carácter estatístico. O servizo de Google Analytics utiliza a biblioteca de javascript: gtag.js, a cal emprega dúas cookies co fin de distinguir usuarios únicos, así como sesións únicas dun só usuario.

​Nome da cookie Duración predeterminada Descripción
​Nome da cookie​_ga Duración predeterminada​Temporal Descripción​Úsase para distinguir aos usuarios.
​Nome da cookie​_ga_ < container-id > Duración predeterminada​Temporal DescripciónÚsase para manter o estado da sesión.

Google Analytics 4 non rexistra nin almacena direccións IP. Retira as direccións IP que recolle dos usuarios da UE antes de rexistralos en dominios e servidores da UE. Os datos de direccións IP úsanse unicamente para obter os datos de xeolocalización e descártanse de inmediato. Non se rexistran, non se pode acceder a eles e non se usan con ningún outro fin. No caso de que se acepte a súa instalación, o prazo de permanencia destas cookies é de 3 meses.

​Como modificar a configuración das cookies

Vostede pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies da sede ou calquera outra páxina web, utilizando o seu navegador. A función de “Axuda" de cada navegador mostraralle como facelo. ​

Ligazóns e hiperligazóns 

Esta Sede Electrónica pode conter ligazóns a sitios web de terceiros cuxas políticas de privacidade son alleas a este ministerio. Ao acceder a eses sitios web, pode decidir se acepta ou non as súas políticas de privacidade e de cookies. Con carácter xeral, ao navegar por Internet, ten siemrpre a opción de aceptar ou rexeitar as cookies de terceiros utilizando as opcións de configuración do seu navegador.

Esta Sede non asume ningunha responsabilidade sobre o contido, informacións ou servizos que aparezan nestes sitios de terceiros. Ao non pertencer a esta Sede, non se realiza ningunha revisión dos seus contidos, que terán exclusivamente carácter informativo e que non implican relación coas persoas ou entidades titulares. 

Respecto á ligazón do propio dominio, o establecemento da hiperligazón non sugieree, en ningún caso, a existencia de relacións entre esta Sede e o propietario da páxina web na que se estableza. Por tanto, non se declarará nin se dará a entender que esta Sede autorizou expresamente a hiperligazón nin que supervisou ou asumiu de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web desde a que se establece a hiperligazón.

O usuario ou a usuaria asumen baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web da hiperligazón.

Seguimento de visitas 

Esta Sede utiliza provedores que poden realizar un seguimento de visitas de forma anonimizada e agregada, facendo uso de tecnoloxías similares ás cookies, cunha finalidade estritamente limitada á medición da audiencia do sitio e a produción de datos estatísticos anónimos. Estes datos non se cotejan con outras operacións de tratamento e tampouco se comunican a terceiros.