Saltar al contenido principal

luns, 28 de abril de 2025

Cambiar el idioma

Ministerio de Facenda

Sede Electrónica Central

Acceso directo al buscador
Acceso al contenido de la página

PME Parque Móbil da Estado

O Parque Móbil do Estado, O.A., está configurado como un organismo autónomo dos previstos na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, adscrito ao Ministerio de Facenda a través da Subsecretaría.

A súa estrutura e funcionamento están regulados polo Real decreto 663/2022 do 1 de agosto, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Parque Móbil do Estado, O.A.

O Parque Móbil do Estado, O.A., segundo establece o artigo 17 dos seus estatutos, consta de dous órganos de goberno: o Presidente e o Consello Reitor. A presidencia do organismo corresponde á persoa titular da Subsecretaría do Ministerio de Facenda, quen ocupará á súa vez a presidencia do Consello Reitor. A composición do Consello Reitor, segundo queda definida no artigo 19 dos citados estatutos, consta dunha presidencia, unha vicepresidencia, unha secretaría e un máximo de 12 vogais.

Os órganos executivos que conforman o organismo, descritos nos artigos 21 ao 28 dos estatutos, son a Dirección Xeral e catro subdireccións. A persoa titular da Dirección Xeral será quen ocupe a vicepresidencia do Consello Reitor. Da Dirección Xeral dependen a Secretaría Xeral, a Subdirección Xeral de Mobilidade Oficial, a Subdirección Xeral de Xestión Económica e a Subdirección Xeral de Recursos Humanos.

O organismo está sometido á supervisión continua do Ministerio de Facenda, a través da Intervención Xeral da Administración do Estado, conforme ao disposto no artigo 85.3 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

Segundo dispón os artigos 5 a 8  do Real decreto 663/2022, do 1 de agosto, o Parque Móbil do Estado administra os servizos de automobilismo da Administración xeral do Estado, organismos públicos e demais entidades de dereito público, vinculadas ou dependentes da Administración xeral do Estado, así como os dos órganos constitucionais do Estado, cando estes así o demanden.

Servizos específicos que presta

  • De representación aos altos cargos da Administración do Estado e dos organismos públicos e demais entidades de dereito público, vinculados ou dependentes daquela, así como aos órganos constitucionais do Estado.
  • Os servizos xerais e ordinarios que lle demanden os departamentos ministeriais e demais organismos públicos da Administración xeral do Estado.
  • Os servizos extraordinarios que, de xeito específico e ocasional, lle demanden os destinatarios dos anteriores servizos, mediante a oportuna contraprestación económica.

Así mesmo, a Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa atribúe ao PME, O.A. a xestión do Rexistro de Vehículos do Sector Público Estatal (IVO), exercendo para iso funcións de homologación de servizos en canto á determinación dos modelos, características e tipos de vehículos. No capítulo XII dos estatutos do PME, O.A. recóllense as disposicións relativas á estrutura e organización deste rexistro.

Para máis información sobre o Parque Móbil do Estado, O.A., acceda á ligazón "PORTAL DO MINISTERIO" que atopará nesta mesma páxina, á esquerda.