Saltar al contenido principal

luns, 15 de setembro de 2025

Cambiar el idioma

Ministerio de Facenda

Sede Electrónica Central

Acceso directo al buscador
Acceso al contenido de la página

JACE NV Xunta Arbitral do Convenio Económico da Comunidade Foral de Navarra

A Xunta Arbitral do Convenio Económico é un órgano de deliberación e resolución dos conflitos que se susciten entre a Administración Tributaria do Estado e a Facenda Foral de Navarra, ou entre esta e a Administración de calquera Comunidade Autónoma en materia tributaria:

  1. A aplicación dos puntos de conexión dos tributos convidos. O denominado «punto de conexión» é o criterio polo cal o Convenio Económico determina que normativa é de aplicación, común ou foral, e cal é a Administración á que se lle atribúe o rendemento ou a competencia exactora dun determinado tributo convido. 
  2. A determinación da proporción correspondente a cada Administración nos supostos de tributación conxunta polo Imposto sobre Sociedades ou polo Imposto sobre o Valor Engadido. O Convenio Económico determina os casos nos que a empresa debe tributar exclusivamente a unha Administración e os casos que debe tributar de forma compartida á Facenda Foral de Navarra e ó resto do territorio español. Neste segundo caso, establécense regras para fixar que porcentaxe da débeda debe ingresarse en cada territorio. 
  3. A interpretación e aplicación do Convenio Económico entre o Estado e a Comunidade Foral de Navarra nos casos concretos relativos a relacións tributarias individuais. 
  4. As discrepancias sobre a domiciliación dos contribuíntes.