Saltar al contenido principal

xoves, 22 de maio de 2025

Cambiar el idioma

Ministerio de Facenda

Sede Electrónica Central

Acceso directo al buscador
Acceso al contenido de la página

Consorcio da Cidade de Toledo

O Consorcio da Cidade de Toledo é o ente de xestión do Real Padroado da Cidade de Toledo, conforme ó establecido no artigo 6 do Real Decreto 1424/1998, de 3 de xullo, polo que se constitúe e organiza o Real Padroado da Cidade de Toledo. 

Atópase integrado pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, a Deputación Provincial de Toledo e o Concello de Toledo. 

Está adscrito á Administración Xeral do Estado, sendo o Ministerio de Facenda e Función Pública o ministerio de Adscrición, de conformidade co previsto no artigo 1 dos Estatutos do Consorcio da Cidade de Toledo, aprobados na súa redacción actual polo acordo do seu Consello de Administración de 13 de decembro de 2018 e publicados no Boletín Oficial do Estado mediante resolución de 20 de decembro de 2018, da Subsecretaría do Ministerio de Facenda (BOE nº 309 de 24 de decembro de 2018).

É o fin esencial do Consorcio da Cidade de Toledo, consonte co establecido no artigo 4 dos seus Estatutos servir de apoio administrativo e de xestión ó Real Padroado, cuxo obxectivo é promover e coordinar tódalas accións que deban realizar en Toledo as administracións e entidades que o compoñen, orientadas á conservación de Toledo, á difusión dos valores que simboliza, así como ó desenvolvemento e potenciación das actividades culturais e turísticas vinculadas á cidade.