Saltar al contenido principal

luns, 3 de novembro de 2025

Cambiar el idioma

Ministerio de Facenda

Sede Electrónica Central

Acceso directo al buscador
Acceso al contenido de la página

Consorcio da cidade de Santiago de Compostela

O consorcio da cidade de Santiago de Compostela é o órgano executor do Real Padroado de Santiago, no que se materializa a cooperación institucional entre o Goberno de España, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. Creado en 1992, ten a condición de Entidade de dereito público de carácter administrativo, de titularidade municipal, con personalidade xurídica propia e con patrimonio propio. 

A súa condición de ente interadministrativo permite desenvolver políticas de recuperación urbana, de actualización de infraestruturas e equipamentos e de recuperación do espazo público.  Xunto a estas accións, o Consorcio da cidade de Santiago de Compostela promove políticas de acción cultural e de estudo e interpretación da historia da cidade e do fenómeno xacobeo. 

Para a realización de calquera trámite administrativo competencia do Consorcio de Santiago acceda á ligazón “SERVIZOS ELECTRÓNICOS” que atoparás na parte esquerda da pantalla.