Saltar al contenido principal

luns, 3 de novembro de 2025

Cambiar el idioma

Ministerio de Facenda

Sede Electrónica Central

Acceso directo al buscador
Acceso al contenido de la página

Consorcio da Cidade de Cuenca

O Consorcio da Cidade de Cuenca, que está integrado pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, A Deputación Provincial de Cuenca e o Concello de Cuenca, ten entre as súas funcións a execución dos proxectos e a xestión dos servizos que as Administracións acorden encomendarlle, a xestión de establecementos e servizos públicos que lle sexa encomendada pola Administración competente, e a xestión e o desenvolvemento das tarefas derivadas da execución dos Acordos adoptados polo Real Padroado da Cidade de Cuenca.

Este Real Padroado foi creado mediante o Real Decreto de 23 de xaneiro de 2004 e funciona como un órgano permanente colexiado adscrito ó Ministerio de Facenda e Función Pública. A súa función é promover e coordinar as accións que as Administracións e entidades que o compoñen deban realizar en Cuenca dirixidas á conservación e revitalización do patrimonio cultural da cidade e ó desenvolvemento e potenciación das actividades culturais e turísticas vinculadas a ela.