Saltar al contenido principal

domingo, 6 de setembro de 2026

Cambiar el idioma

Ministerio de Facenda

Sede Electrónica Central

Acceso directo al buscador
Acceso al contenido de la página

SGT Secretaría Xeral Técnica

A Secretaría Xeral Técnica, como órgano directivo, ten competencia sobre os servizos comúns relativos a produción normativa, asistencia xurídica, información e publicacións, Delegado de Protección de Datos e coordinación da reutilización da información pública.

Dentro dos servizos que presta ao cidadán no exercicio dos seus dereitos, a Secretaría Xeral Técnica é responsable de recibir, instruír e, no seu caso, propor a resolución de reclamacións e recursos que poidan interporse, excepto os relativos ás cuestións tributarias que corresponden aos tribunais económico-administrativos.

Tamén é a encargada de publicar a normativa vixente do Departamento, asistir as demandas de información xeral de carácter administrativo, así como certificar ou emitir copias legalizadas de documentos e expedientes administrativos que obren no Arquivo Xeral; ademais de coordinar os pedimentos de reutilización de información pública que se dirixan ao departamento. 

Por último, o Delegado de Protección de Datos do Ministerio atenderá as reclamacións que lles dirixan con carácter previo á presentación dunha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, así como  as solicitudes de información relacionada coa materia.

Se desexa iniciar a tramitación dos servizos competencia desta unidade acceda a través do botón SERVIZOS ELECTRÓNICOS. 

Para máis información sobre as materias competencia deste organismo consulte: